Intervención de Abel Caballero, Alcalde de Vigo 6 de xul. de 2023

Visto 2 veces

Intervención de Abel Caballero, Alcalde de Vigo

O centro máis grande da universidadde celebrou a despedida de 242 alumnos e alumnas, 207 das sete titulacións de grao coas que conta a escola e 35 do Máster en Enxeñería Industrial. Entre as e os que se despediron, as segundas promocións de Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e do Grao en Tecnoloxías Industriais, que forma parte do programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.

O director da EEI, Juan Pardo, destacou que este evento é sempre “unha gran satisfacción para nós e por isto organizamos un acto tan especial para a nosa escola e, sobre todo, para o gran número de titulados e tituladas que se formaron na nosa casa e que celebran un día tan importante, acompañados de familiares, profesores/as e persoal de administración e servizos”, ademais de autoridades como o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os vicerreitores José Luis Míguez e Alfonso Lago, e representantes dos colexios profesionais. O acto estivo conducido pola subdirectora da EEI e concelleira Ana Mejías e nel proxectáronse vídeos dos estudantes, das familias e tamén do representantes do profesorado de diferentes departamentos que lles trasladaron aos mozos e mozas palabras de agarimo e consellos para a nova etapa das súas vidas que comeza agora.
Fonte: DUVI

Presenta: Ana Mejías Sacaluga
Docente da Escola de Enxeñería Industrial e membro do grupo de investigación Rede, Investigación en Economía, Enerxía e Medio Ambiente, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo