Acto de presentacion da revista 'Gender on Digital: Journal of digital feminism' 15 de dec. de 2023

Visto 10 veces

Acto de presentacion da revista 'Gender on Digital: Journal of digital feminism'

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo deu un paso máis na loita contra a desigualdade de xénero no ámbito dixital coa presentación de sociedade dunha nova revista que permitirá difundir coñecemento científico, crítico e feminista, sobre os riscos éticos da transformación tecnolóxica e o seu impacto negativo sobre os dereitos das persoas. Bautizada como Gender on Digital. Journal of Digital Feminism, a nova publicación foi presentada no edificio Redeiras nun acto no que participaron a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez; a xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Lucía Muradas e as investigadoras Amparo Alonso e Soledad Torres, que forman parte do comité científico da revista e son autoras de dous dos artigos no primeiro número.
Fonte: DUVI

Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Amparo Alonso Betanzos
Catedrática de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial. Coordinadora do grupo LIDA da UDC. Presidenta da AEPIA
Soledad Torres
Doutora en Telecomunicación, Universidade de Vigo
Lucía Muradas Arcay
Xefa do Servizo de Igualdade, Deputación de Pontevedra