Historias Compartidas: Milagros Pirela 13 de maio de 2025
Historias Compartidas: Milagros Pirela
A través de cinco historias de vida, exploramos como a creatividade —e, en particular, a metodoloxía Design Thinking— pode converterse nunha ferramenta poderosa para afrontar cambios, tomar decisións e abrir novos camiños.
Este podcast está conducido por Joseba Delgado-Parada, investigador predoutoral FPU no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo.
As e os protagonistas protagonistas deste proxecto contan co apoio de Cruz Vermella no marco do programa de Integración de Persoas Inmigrantes, financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do IRPF.
Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo, dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta, co apoio da FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
