Diario dun médico de guardia: A experiencia dun blog 8 Mai, 2012

Visto 2773 veces

Diario dun médico de guardia: A experiencia dun blog

En pleno século XXI, a Historia “está no medio” cando botamos unha ollada aos medios de comunicación. Este ciclo de xornadas xurde para crear un espazo onde analizar e debater a conexión da Historia con outras disciplinas, facer visible o papel do historiador no mundo actual e a configuración social dos discursos sobre o pasado como construción colectiva. O papel das novas tecnoloxías é crucial na construción do discurso histórico, da realidade social e o seu impacto sobre a sociedade. As accións no ciberespacio están facendo mutar mesmo, o valor do patrimonio tanxible, polo que é fundamental valorar as ferramentas de transferencia de coñecemento e o protagonismo da cidadanía, non só como simple receptor, senón no propio proceso de construción do mesmo e na salvagarda do seu legado patrimonial. É momento fundamental tamén para tratar de evidenciar as metodoloxías da Historia e o debate sobre os criterios de cientificidade.

Presenta: Dª Laura Novelle López
Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea, Universidade de Vigo
D. David Simón Lorda
Médico Psiquiatra, Hospital de Ourense