Benvida 1 de xul. de 2013
Benvida
nha escola de verán coa que recoñecer a voz e o traballo dos novos investigadores en tecnoloxía da fala; son aquelas que empregan a linguaxe oral para a comunicación entre home e máquina e que, nas últimas décadas deixaron de pertencer á ciencia ficción para comezar a incorporarse á vida cotiá e que colleu pulo coa chegada dos móbiles de última xeración. Sistemas de ditado automático, recoñecemento de voz, identificación do idioma… son tecnoloxías da fala, eixo central da 2013 RTTH Summer School on Speech Technology Evaluation, unha escola de verán na que 23 estudantes de mestrado ou doutoramento de diversas universidades españolas formaranse nos aspectos tecnolóxicos, metodolóxicos e organizativos relacionados coas campañas de avaliación de tecnoloxía da fala