“BIDI permitirá ter máis claras as capacidades da nosa comunidade investigadora” 30 de out. de 2017
“BIDI permitirá ter máis claras as capacidades da nosa comunidade investigadora”
Intervención de Salustiano Mato
Un escaparate das capacidades da I+D+i que se fai na Universidade de Vigo. Isto é BIDI, o buscador da institución académica viguesa, que foi presentado publicamente e ao que xa se pode acceder a través do enderezo electrónico bidi.uvigo.es. “BIDI permitirá ter máis claras as capacidades da nosa comunidade investigadora”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que incidiu na importancia desta ferramenta “que permitirá poñer en valor o noso traballo e que a sociedade poda buscar solucións a problemas de I+D+i”. Xunto a Mato, a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Asunción Longo, e o director da Área de Transferencia, José Luis Alba, foron os encargados de presentar á comunidade universitaria o buscador que inclúe uns 1800 investigadoras e investigadores de preto de 200 grupos de todos os ámbitos do coñecemento.