"Dotar ao persoal investigador e ao persoal de apoio á investigación e transferencia dunha ferramenta par coñecer mellor as liñas de investigación dos grupos e buscar sinerxías internas e externas” 30 Out, 2017

Visto 289 veces

"Dotar ao persoal investigador e ao persoal de apoio á investigación e transferencia dunha ferramenta par coñecer mellor as liñas de investigación dos grupos e buscar sinerxías internas e externas”

Intervención de José Luis Alba

Un escaparate das capacidades da I+D+i que se fai na Universidade de Vigo. Isto é BIDI, o buscador da institución académica viguesa, que foi presentado publicamente e ao que xa se pode acceder a través do enderezo electrónico bidi.uvigo.es. “BIDI permitirá ter máis claras as capacidades da nosa comunidade investigadora”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que incidiu na importancia desta ferramenta “que permitirá poñer en valor o noso traballo e que a sociedade poda buscar solucións a problemas de I+D+i”. Xunto a Mato, a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Asunción Longo, e o director da Área de Transferencia, José Luis Alba, foron os encargados de presentar á comunidade universitaria o buscador que inclúe uns 1800 investigadoras e investigadores de preto de 200 grupos de todos os ámbitos do coñecemento.

José Luis Alba
Director da Área de Transferencia do Coñecemento
Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo