As eleccións académicas e profesionais libres de estereotipos de xénero 29 de set. de 2016
As eleccións académicas e profesionais libres de estereotipos de xénero
Rolda de Preguntas
A Área de Emprego e Emprendemento en colaboración coa Unidade de Igualdade organiza a xornada Traballando en igualdade, na que a docente da Universidade do Minho María do Ceu Teveira ofrecerá unha conferencia titulada As eleccións académicas e profesionais libres de estereotipos de xénero: a orientación educativa non sexista. A continuación, terá lugar unha mesa redonda baixo o título Experiencias en orientación. Sementando en e por unha sociedade igualitaria, que contará coa participación de Manuel Buendía Bercedo da Asociación de Hombres por la Igualdad de Género. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, Inés Martínez da Universidad de Sevilla falará sobre A xestión dos recursos humanos en igualdade e celebrarase unha mesa redonda co título Experiencias na empresa. Crecendo en e por unha sociedade igualitaria, na que participarán representantes de empresas e Carla Reyes Uschinsky, da Asociación de Executivas de Galicia.