Masculinidade concorda con igualdade 16 de nov. de 2019

Visto 99 veces

Masculinidade concorda con igualdade

O feminismo precisa de #aliadosfeministas

Moitos dos homes que forman parte da comunidade da Universidade de Vigo están fartos do patriarcado. Estudantes, PAS e profesores aliados e empáticos que son conscientes do dano que o machismo lles fai a eles tamén. Dispostos a renunciar aos seus privilexios e interesados en construír novos modelos de masculinidade e novas relacións nun mundo libre de violencias machistas. E é que masculinidade concorda con igualdade. Por iso lles pedimos que reflexionen sobre o machismo aínda tan presente na nosa sociedade e lles damos a benvida á liberdade, aos coidados, á crítica co que é inxusto, á comprensión e á tenrura. Benvidos!


Vídeos da mesma serie
Referentes masculinos
Estudantes, profes e PAS do Campus de Vigo fálannos dos seus referentes máis admirados: homes que os fixeron mellores persoas
12 de nov. de 2019
Outras formas de construír a masculinidade
Fomos polo campus de Ourense e Pontevedra e preguntamos por aqueles homes que romperon esquemas, que fixeron cousas diferentes ás que se supoñía debía facer un home. E non hai que ir moi lonxe para iso: moitos pais e avós foron referentes dos homes cos que falamos.
13 de nov. de 2019
Derrubando estereotipos: máis aló do “machirulo”
Hai referentes inspiradores masculinos nos que os estudantes de hoxe, neste caso do campus de Ourense, se fixan polos seus valores, polas súas accións e reivindicacións e porque #masculinidadeconcordaconigualdade
14 de nov. de 2019
Por que os homes deberían ser feministas?
Nas xornadas de benvida ao campus de Vigo fixemos esta pregunta a estudantes, profes e PAS e a resposta foi clara: todas saímos gañando nesta loita!
15 de nov. de 2019
Masculinidade concorda con igualdade
O feminismo precisa de #aliadosfeministas
16 de nov. de 2019