Incorporación do xénero na docencia universitaria e na transferencia de coñecemento 12 de dec. de 2019
Incorporación do xénero na docencia universitaria e na transferencia de coñecemento
O curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Investigación e a Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos:
- A perspectiva de xénero na docencia universitaria.
- Incorporar a perspectiva de xénero na docencia universitaria.
- Aproximar ao PDI ao sustento normativo e conceptual das análises sensibles ao xénero na academia
- Reflexionar sobre as potencialidades do 'xénero' como categoría de análise nas distintas disciplinas académicas.
- Explorar desde a perspectiva de xénero como metodoloxía para a transferencia de coñecementos.
- Identificar rumbos de xénero na docencia universitaria.
- Reflexionar sobre o currículo oculto e a cegueira de xénero con exemplos concretos.
- Ser capaz de elaborar unha proposta de Guía Docente incorporando a perspectiva de xénero.
- Elaborar unha unidade didáctica implementando a perspectiva de xénero.
- Organizar unha clase práctica e/ou sesión formativa na aula desde a perspectiva de xénero.