Palabras de María Isabel Doval, en representación do Reitor da UVigo 29 de out. de 2020

Visto 17 veces

Palabras de María Isabel Doval, en representación do Reitor da UVigo

Os labores de interpretación e de tradución constitúen un elo esencial en contextos de cooperación ao desenvolvemento, #a fin de que se lles poida prestar a asistencia necesaria ás persoas usuarias e destinatarias das accións das ONGD que operan neste sector. A pesar diso, esta necesidade non sempre se ve cuberta, por iso é polo que o proxecto MELINCO, de «Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento», busque paliar esta problemática mediante un enfoque de investigación‑acción.

Este proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ocuparase nun primeiro momento de facer unha análise diagnóstico da situación da interpretación e a tradución neste ámbito.

Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie