Competencias docentes ante o ensino en rede e a IA: desafíos e "poderes" 6 de xuño de 2024
Competencias docentes ante o ensino en rede e a IA: desafíos e "poderes"
Conferencia
A educación superior enfronta un panorama de constante transformación, onde a convivencia
entre a universidade presencial e a docencia virtual expón un reto significativo tanto para o
presente como para o futuro.
As competencias que debe dominar o docente virtual, as novas oportunidades para innovar nas
metodoloxías de ensino, a complexidade que comporta a coordinación académica de títulos non
presenciais, así como a necesaria colaboración entre os membros da comunidade universitaria son
compoñentes esenciais para crear unha contorna virtual educativa integrada e eficiente.
Dada a aposta por este tipo de ensino, a Facultade de Dirección e Xestión Pública organiza a
segunda edición das Xornadas de Docencia Virtual Universitaria. Neste evento, participan expertos
provenientes de universidades de referencia para debater sobre os desafíos do ensino virtual nas
universidades públicas presenciais, co obxectivo de ofrecer unha visión integral da situación actual e
as perspectivas futuras.