Apertura da mesa redonda: Panorama internacional da docencia universitaria 20 Xuñ, 2013

Visto 2305 veces

Apertura da mesa redonda: Panorama internacional da docencia universitaria

É moi importante para a mellora da docencia difundir as experiencias innovadoras e/ou investigadoras realizadas polos profesores e profesoras. O intercambio de experiencias axuda a pensar sobre o camiño seguido, as dificultades e logros conseguidos, e a mellorar a práctica. O congreso quere ser un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre profesorado, e todas aquelas persoas interesadas na docencia universitaria.

Pedro Membiela
Vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, Universidade de Vigo