Como o tipo e orixe dos alimentos pode influenciar no desenvolvemento do cerebro dos nosos escolares 16/12/2016

Visto 874 veces

Como o tipo e orixe dos alimentos pode influenciar no desenvolvemento do cerebro dos nosos escolares

Conferencia

Colexios e escolas son, xunto coas familias, o berce educativo das futuras xeracións. Pero non o son só dende o punto de vista intelectual e cultural, senón tamén dende o alimentario, polo que os comedores escolares están cada vez máis controlados procurando que se consoliden como un motor de transformación nutricional para os nenos e nenas e, deste xeito, de transformación social. Para debater sobre a xestión dos comedores, as novas propostas baseadas na sustentabilidade, as experiencias máis innovadoras no territorio español e sobre a necesidade de modificar as compras públicas de alimentos no ámbito educativo o campus de Vigo acolleu unha xornada de debate e formación organizada polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA).

Carlos Spuch
Investigador Senior, Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

Vídeos da mesma serie
Presentación das xornadas de debate e formación sobre comedores escolares
Construíndo sistemas sustentables de alimentación desde a escola
16/12/2016