Proposta de transformación dos comedores escolares. Quenda de preguntas 16 de dec. de 2016
Proposta de transformación dos comedores escolares. Quenda de preguntas
Colexios e escolas son, xunto coas familias, o berce educativo das futuras xeracións. Pero non o son só dende o punto de vista intelectual e cultural, senón tamén dende o alimentario, polo que os comedores escolares están cada vez máis controlados procurando que se consoliden como un motor de transformación nutricional para os nenos e nenas e, deste xeito, de transformación social. Para debater sobre a xestión dos comedores, as novas propostas baseadas na sustentabilidade, as experiencias máis innovadoras no territorio español e sobre a necesidade de modificar as compras públicas de alimentos no ámbito educativo o campus de Vigo acolleu unha xornada de debate e formación organizada polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA).