Plataforma galega por unha alimentación responsable na escola. Quenda de preguntas 16 de dec. de 2016
Plataforma galega por unha alimentación responsable na escola. Quenda de preguntas
Quenda de preguntas
Colexios e escolas son, xunto coas familias, o berce educativo das futuras xeracións. Pero non o son só dende o punto de vista intelectual e cultural, senón tamén dende o alimentario, polo que os comedores escolares están cada vez máis controlados procurando que se consoliden como un motor de transformación nutricional para os nenos e nenas e, deste xeito, de transformación social. Para debater sobre a xestión dos comedores, as novas propostas baseadas na sustentabilidade, as experiencias máis innovadoras no territorio español e sobre a necesidade de modificar as compras públicas de alimentos no ámbito educativo o campus de Vigo acolleu unha xornada de debate e formación organizada polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA).