A comunicación lexislativa no Estado social e democrático de Dereito 19 de abr. de 2017
A comunicación lexislativa no Estado social e democrático de Dereito
“Cando o presidente da Generalitat de Cataluña Josep Tarradellas retornou do exilio e tivo unha xuntanza con Adolfo Suárez, díxolle que todo era negociable menos o protocolo”. Con esta anécdota puña de relevo o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Fernando Ramos a importancia dunha disciplina que conforma a “visibilidade dunha institución”, e que nas xornadas de mércores e xoves centra nesta facultade pontevedresa as VI Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública–XVII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo. Con 205 estudantes matriculados, o “curso complementario máis antigo da Universidade” reúne a unha quincena de conferenciantes para abordar desde diferentes ópticas a imaxe pública das institucións.