Intervención de Silvia Montero Küpper 1 de out. de 2018

Visto 38 veces

Intervención de Silvia Montero Küpper

Apertura das Xornadas Nós Outras. Comportamentos traductivos III

“O noso propósito coa organización destas xornadas é visibilizar a profesión da tradutora e de todas aquelas persoas que exercen o labor da tradución ou a interpretación. Queremos pór en valor o papel das tradutoras e para iso imos botar unha ollada á historia da tradución desde o enfoque de xénero”, sinalou na apertura das xornadas a profesora Silvia Montero, investigadora do grupo Bitraga, BiFeGa (Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación), organizadoras dun evento que conta tamén coa colaboración da Unidade de Igualdade e do Programa de doutoramento en tradución e paratradución. Xunto a ela participaron tamén na apertura das xornadas, María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, e Luis Alonso, decano do centro, ademais das expertas e experto que se fixeron cargo do programa das xornadas.

Presenta: Silvia Montero Küpper
Profesora do Departamento de Tradución e Interpretación e investigadora principal do grupo Bitraga, Universidade de Vigo