Intervención de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo 28 de xuño de 2019

Visto 1 vez

Intervención de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo

O auditorio da sede Afundacion acolleu o acto de graduación de catro novas promocións (dúas de grao e dúas máster) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. As e os 33 alumnos das VI promocións dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía e as e os 13 das IV promocións do máster en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática recibiron as súas distincións nun acto que estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes, e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, en representación do reitor, e no que Patricia Durany Fernández, egresada do centro e compliance & systems manager da empresa británica Viridor, ofreceu unha lección maxistral.

A graduación contou coa presenza de representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas); así como delegado territorial da Xunta de Galicia; o concelleiro de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Elena Alonso puxo en valor na súa intervención “a implicación e traballo realizado polo profesorado, PAS e alumnado do centro no desenvolvemento do proxecto formativo o longo dos últimos catro anos”, ao tempo que agradeceu a implicación e colaboración de empresas e entidades que, ao longo deste ano, implicáronse con centro.

Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Ignacio López Chaves
Delegado de la Xunta en Vigo

Vídeos da mesma serie
Clase Magistral de Patricia Durany Fernández
Compliance & systems manager en Viridor
28 de xuño de 2019
I edición dos EME Awards
28 de xuño de 2019