Intervención de Jaime Cabeza Pereiro 9 de nov. de 2021

Visto 15 veces

Intervención de Jaime Cabeza Pereiro

Conferencia

A fenda salarial de xénero é unha realidade entre o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo e débese, sobre todo, á segregación vertical, aquela que provoca a distribución por categorías, é dicir, aquela que fai que a medida que aumenta a escala xerárquica diminúa claramente o número de mulleres, sobre todo cando se chega á categoría de maior rango: a cátedra. Así se expuxo este martes no Seminario Fenda salarial de xénero nas universidades: o caso da UVigo, un encontro en liña no que se presentaron os resultados preliminares dun informe no que se analizaron os datos salariais do PDI da Universidade de Vigo en 2020.

Fonte: DUVI

Presenta: Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Jaime Cabeza Pereiro
Profesor do Departamento de dereito público especial Comunicación Especial e Publicidade, e candidato a Reitor, Universidade de Vigo