Universo Sostible. A apicultura salvará a biodiversidade? 10 de xuño de 2022
Universo Sostible. A apicultura salvará a biodiversidade?
Ademais de producir o mel, o edulcorante natural por excelencia, e os demais produtos que obtemos directamente das colmeas, as abellas cumpren unha función aínda máis importante, tanto para a conservación da biodiversidade como para a alimentación humana.
A relevancia das abellas tanto para a sustentabilidade do medio ambiente como para a economía fan indispensable a investigación científica para entender mellor a súa forma de vida e os perigos aos que se enfrontan.
Aínda que para a natureza a importancia da polinización sexa moi superior á da apicultura, quen sabe se será a propia apicultura, a abella domesticada, a que salve a polinización exercida polas especies salvaxes en perigo de extinción.