Qué sabemos da botánica medicinal? Botón rojo RTVE a la carta 1 de xuño de 2022
Qué sabemos da botánica medicinal? Botón rojo RTVE a la carta
Unha das ramas máis interesantes da botánica investiga os usos medicinais das plantas. Dende antigo sabemos que, máis aló da súa función nutricional, as plantas poden ter diferentes aplicacións para a saúde. Poden ser diuréticos, astrinxentes, relaxantes ou dixestivos, entre outros moitos exemplos.
A botánica é unha ciencia en continua evolución e expansión, con vertentes moi variadas, dende a etnobotánica, que estuda a relación entre o home e as plantas ao longo da historia, ata a botánica farmacolóxica.
O taxol, a aspirina ou a morfina son algúns dos medicamentos máis coñecidos derivados das plantas. Hai propiedades das plantas por descubrir? Absolutamente si. Para iso será clave o coñecemento científico, pero tamén o coidado e o respecto pola biodiversidade, que é responsabilidade dos cidadáns.