Universo Sostible. Qué é a medicina de complexidade? 24 de abr. de 2024
Universo Sostible. Qué é a medicina de complexidade?
Medicina da complexidade ou medicina de precisión, trata de integrar a xenómica xunto coas tecnoloxías derivadas da enxeñaría biomédica. As técnicas ómicas axudan a comprender mellor a interacción entre os xenes e o medio co desenvolvemento de determinadas enfermidades.
A medicina complexa permite diagnósticos máis fiables e personalizados, e novas terapias con maior eficacia no tratamento dunha ampla gama de enfermidades cardiovasculares, neurodexenerativas e cancro.
O futuro da medicina require unha integración de datos clínicos con imaxes médicas e datos moleculares de pacientes, dentro dunha historia clínica personalizada. Por iso, mellorar o prognóstico e o desenvolvemento dunha enfermidade require unha redefinición dos modelos asistenciais.