Turno de preguntas. Deseño de sistemas estruturais para enxeñaría de tecidos óseos: de cerámicas bioinspiradas a biomateriais 21 de nov. de 2013

Visto 1729 veces

Turno de preguntas. Deseño de sistemas estruturais para enxeñaría de tecidos óseos: de cerámicas bioinspiradas a biomateriais

O Instituto de Investigación Biomédica de Vigo (IBIV), no marco do proxecto BIOCAPS, celebrou o “Primeiro Congreso Internacional de Investigación e Innovación Biomédica” os día 21 e 22 de novembro do 2013 en Vigo, España. Este evento aborda os aspectos máis importantes da investigación e da innovación biomédica nas áreas: Ciencias neurolóxicas e enfermidades raras; enfermidades infecciosas, inflamación e inmunidade; endocrinoloxía, metabolismo e nutrición; biomateriais, enxeñaría de tecidos e medicina rexenerativa; novas ferramentas para o diagnóstico e o tratamento; envellecemento e enfermidades cardiovasculares; e innovación biomédica. En cada área expoñen os seus traballos investigadores de renome. O congreso pretender ser un referente na investigación e na innovación biomédica; así como un punto de encontro entre científicos, organismos públicos e empresas e a sociedade.

Ponente: Miriam López Álvarez
Grupo de Novos Materiais, Departamento de Física Aplicada, Escola de Enxeñaría Industrial, IBIV, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Institutional Welcome
21 de nov. de 2013
Introducing Robert Will
21 de nov. de 2013
Update in Fabry Disease
21 de nov. de 2013
Benvida institucional
21 de nov. de 2013