A enerxía eólica desde a perspectiva local: Câmaras Municipais portuguesas e Concellos galegos. Quenda de cuestións 13 de nov. de 2020

Visto 1 vez

A enerxía eólica desde a perspectiva local: Câmaras Municipais portuguesas e Concellos galegos. Quenda de cuestións

A transición enerxética é imparable, o papel da cidadanía e das súas comunidades debe situarse no centro deste proceso de transformación social.

Co apoio da Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto, os principais impulsores do Observatorio Eólico de Galicia, tense deseñado este Seminario Internacional por un Sistema Enerxético Sustentable e Equitativo.
É gratuíto e será online. Celebrarase nas tardes dos venres, comezando o día 30 de outubro, en horario de tarde. Iranse anunciando as persoas e colectivos que forman parte das mesas que reuniremos cada venres entre o 30 de outubro e o 11 de decembro.
Está organizado polo OEGA pero contamos coa colaboración da Escola Superior Agraria de Viana *do Castelo e con Amigos da Terra. Contaremos con expertos internacionais no ámbito das enerxías renovables, con organizacións empresarias, con autoridades municipais, con xestores de no medio rural, con innovadores que tratan de transformar o sistema enerxético e con movementos sociais que loitan por democratizar a transición enerxética.
Trataremos casos do norte de Europa (Dinamarca), de América Latina (México), Portugal, Galicia e outras comunidades autónomas no Estado español.

Presenta: María Montero Muñoz
Profesora do departamento de Análise Económico e Historia e Institucións Económicas, e investigadora do grupo REDE (Investigación en Economía, Enerxía e Medio Ambiente), Universidade de Vigo