Universo Sostible. É o azucre un perigo para a saúde? 21 de xuño de 2023
Universo Sostible. É o azucre un perigo para a saúde?
O 70% do azucre libre que consumimos provén de alimentos procesados. Demostrouse que hai un consumo excesivo deste tipo de azucres a diario, especialmente na alimentación destinada aos nenos.
Durante décadas a comunidade científica centrouse na relación entre os tipos de graxas presentes na dieta coa obesidade e as enfermidades cardiovasculares. Recentemente a mirada foise dirixindo tamén cara ao papel dos azucres.
Unha mensaxe crave, en xeral á hora de promover en xeral a alimentación saudable, sería consumir alimentos naturais e evitar na medida do posible os alimentos procesados. Non só polo azucre, tamén polo sal ou as graxas non saturadas que adoitan acompañar este tipo de produtos.