Acto de inauguración do XVII Symposium Internacional sobre o Prácticum e as Prácticas Externas 3 de xul. de 2023

Visto 16 veces

Acto de inauguración do XVII Symposium Internacional sobre o Prácticum e as Prácticas Externas

Con case 200 inscritos e inscritas, docentes e investigadores de preto de 50 institucións educativas dunha decena de países, este luns botou a andar no mosteiro de Poio o XVII Symposium Internacional sobre o Prácticum e as Prácticas Externas. Dirixido a promover un intercambio de experiencias en torno ás prácticas curriculares e extracurriculares do alumnado universitario, este congreso combina por primeira vez neste 2023 a asistencia presencial e virtual e faino pondo o foco en como estas estadías en empresas ou entidades poden contribuír á formación do alumnado respecto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. “Pareceunos suxestivo, ao tempo que un desafío, tentar responder a como as prácticas externas responden aos retos que supoñen os ODS”, sinala a profesora da UVigo Manuela Raposo, presidenta do comité organizador deste simposio internacional, que promove a Asociación para el Desarrollo del Prácticum y de las Prácticas Externas: Red de Prácticum (Reppe), da que forman parte diferentes universidades españolas.

Manuel Cebrián de la Serna
Vicerrector de Campus Virtual e Innovación educativa, UNIA.
Agustin Erkizia Olaizola
Presidente, Asociación para el Desarrollo del Prácticum y de las Prácticas Externas: Red de Prácticum (REPPE)
Patricia Valcárcel Fernández
Vicerrectora de profesorado e Ordenación Académica, Universidade de Vigo
Ángel Moldes
Alcalde de Poio
María José Lombardía
Vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade , UDC
Rafael Ventura Fernández
Vicerreitor de Innovación Social e Emprendemento , Universidade de Málaga
Carmen Gálvez
Vicerreitora, Instituto Superior de Formación Docente Salomé Ureña da República Dominicana
Jesús Soret
Delegado da reitora para o Emprego e as Prácticas, Universitat de Valencia
Fernando Tapia
Vicerreitor de Estudantes e Empregabilidade, UPV/EHU
Francisco J. Fraga
Vicerreitor de Organización Académica e do campus de Lugo, USC

Vídeos da mesma serie