Alcoholimetro portatil 28 de nov. de 2024
Alcoholimetro portatil
Conferencia
O obxectivo desta obra será garantir a seguridade viaria reducindo o número de accidentes por consumo de alcol. Para desenvolver esta proposta faremos unha enquisa a calquera persoa interesada no produto.
O alcoholímetro portátil 4.0 será un dispositivo que detectará ao instante a porcentaxe de alcol no sangue. Esta consistirá nunha boquilla portátil lixeira que se conectará á entrada de alimentación do móbil e enviará os resultados á aplicación.
O dispositivo pódese gardar no peto sen causar ningún inconveniente ao consumidor. O funcionamento da boquilla será moi sinxelo, xa que non é necesario cargalo, só tes que conectalo ao teu móbil e agardar polo sinal axeitado.
Na app teremos información sobre as capacidades físicas da persoa, que se estimará a partir das características (peso, estatura e sexo) rexistradas previamente. Para maior certeza, a aplicación contará cun historial e un dispositivo de xeolocalización que cuantificará a distancia percorrida unha vez que se utilice a boquilla.
Grazas a estas estimacións e á información recollida, poderemos obter un historial que guiará ao público consumidor sobre o seu futuro estado de embriaguez. A aplicación tamén contará cunha sección que se adapta á normativa local no caso de que esteas noutro país coa axuda do GPS.
En resumo, o alcoholímetro portátil 4.0 é unha solución innovadora para promover a seguridade viaria, contribuíndo a previr accidentes por consumo de alcohol mediante medicións precisas.