ALCOKEY 28 de nov. de 2024
ALCOKEY
Conferencia
O alcohol é a causa da metade dos accidentes de tráfico mortais en España. As campañas de sensibilización e sancións non acadaron o obxectivo de erradicar o consumo de alcol durante a condución. A través de “Alcokey” buscamos eliminar este problema.
Nos meses de outubro e novembro de 2024 realizamos enquisas á poboación de Vigo, especialmente á mocidade en idade universitaria. O estudo estatístico revela cifras alarmantes: a maioría das persoas enquisadas evitan recoñecer, a pesar de sabelo, que o consumo de alcol é un factor crucial nos accidentes de tráfico.
A nosa proposta consiste nun alcoholímetro antiarranque. "Alcokey" é un dispositivo que mide, a través do aire exhalado, o nivel de alcol do condutor. Se se supera o límite legal, "Alcokey" impedirá o arranque do vehículo.
O consumo de alcohol está moi arraigado na nosa sociedade e cultura. Non conseguimos concienciar ás xeracións máis novas sobre o perigo de conducir baixo os efectos, e só a través da implantación obrigatoria de tecnoloxías como "Alcokey" poderemos poñerlle freo. “Alcokey” non é só un dispositivo: é unha ferramenta de cambio social que promove unha nova forma de pensar sobre a seguridade viaria.