Lentes para mellora de mobilidade 28 de nov. de 2024
Lentes para mellora de mobilidade
Conferencia
O obxectivo do noso proxecto é a creación dunhas lentes intelixentes, ás que chamamos “Clarity”, deseñadas para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade visual, que lles permitan realizar activida- deas cotiás que lle poidan supoñer máis esforzo, con máis autonomía e seguridade, tentado minimizar os posibles incidentes ligados á súa condición. Para iso, realizáronse enquisas en colaboración coa ONCE para coñecer de primeira man as experiencias, necesidades e expectativas dos usuarios, o que nos serviu de guía para desenvolver as funcionalidades do prototipo. Despois de dúas semanas planeando e deseñando as enquisas, o 19 de novembro o persoal da ONCE compartiu as enquisas coa poboación que considerou oportuna e o 22 de novembro, data na que recibimos as respostas,analizámolas concluíndo nestas porcentaxes: ao 30 % parécenlle necesarios sinais sonoros, o 22 % está descontento coa
iluminación e ao 35 % preocúpalle os obstáculos urbanos.
As lentes combinan tecnoloxía avanzada de cámaras, luces e sensores que se comunican co usuario por medio de auriculares. Entre as súas funcións destacan a navegación GPS con indicacións específicas, a identificación de obstáculos e o seu aviso sonoro e recoñecemento facial e de obxectos, para mellorar as interaccións coa contorna. En conclusión, con estas lentes damos un paso máis cara a unha sociedade máis inclusiva e tecnolóxica, que ten en conta a autonomía e calidade de vida das persoas con discapacidade visual e cobre as súas necesidades do día a día.
