Mellora da iluminación viaria nocturna en zonas rurais ou de baixo fluxo de tráfico 28 de nov. de 2024

Visto 1 vez

Mellora da iluminación viaria nocturna en zonas rurais ou de baixo fluxo de tráfico

Conferencia

Na actualidade, un dos maiores problemas existentes é a contaminación lumínica, polo que se busca unha renovación na iluminación da vía pública con pouco tráfico. Esta contaminación dá lugar a consecuencias adversas como: descargas tóxicas, alteración dos ciclos biolóxicos, variación dos ciclos do sono. . .
A motivación do grupo naceu do forte compromiso das novas xeracións coa protección e preservación do medio ambiente, así como a conciencia ecolóxica, o aforro enerxético e un futuro máis sostible. Polo tanto, a nosa idea é reducir esta contaminación producida en zonas onde a luz artificial non é tan necesaria pola baixa intensidade poboacional, o que orixina un gasto enerxético innecesario.
Para iso, seleccionouse unha vía con pouco tráfico e instalouse un sistema de iluminación que dá a orde de aceso só se detectan vehículos. Ao longo da vía implantarase un sensor inductivo que é capaz de activar a iluminación e xerar un sinal eléctrico co paso dun elemento metálico, para que non se active polo paso de animais. Así mesmo, utilízanse farolas LED, que se iluminan no sentido do tráfico grazas ao impulso de corrente do sensor.
Para comprobar a súa viabilidade é preciso realizar un estudo exhaustivo sobre a afluencia de cada zona na que se vai implantar este tipo de sistemas. Se fose viable, sería moi notable a redución de enerxía, gastos e impacto ambiental, o que levaría a un aumento da capacidade de mellora de determinados problemas da sociedade.

Nerea Arias Pérez
Estudante, Universidade de Vigo
Eladio Bastos Vila
Estudante, Universidade de Vigo
Adrián Sánchez Piñeiro
Estudante, Universidade de Vigo
Manuel Vila González
Estudante, Universidade de Vigo
Alba Buceta Soto
Estudante, Universidade de Vigo
Ángel Entenza Parcero
Estudante, Universidade de Vigo
Alejandro Salomón López Morales
Estudante, Universidade de Vigo
Martín Esteban González López
Estudante, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Lentes para mellora de mobilidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Alcoholimetro portatil
Conferencia
28 de nov. de 2024
Coidado de mascotas
Conferencia
28 de nov. de 2024
Teldog
Conferencia
28 de nov. de 2024
ALCOKEY
Conferencia
28 de nov. de 2024
Emergobot
Conferencia
28 de nov. de 2024
Sit and Go! : App de experiencias
Conferencia
28 de nov. de 2024
GPS para persoas con discapacidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Móvete
Conferencia
28 de nov. de 2024
Dispensador intelixente de medicamentos
Conferencia
28 de nov. de 2024
Clausura
4 de dec. de 2024