Unibridge: App de conexión entre estudantes e empresas 28 de nov. de 2024
Unibridge: App de conexión entre estudantes e empresas
Conferencia
Entrar no mundo laboral cando es estudante é un proceso complicado, xa que, en determinadas ocasións, os convenios de prácticas que ofrece a universidade non nos garanten un posto de traballo fixo. Por iso propoñemos unha aplicación que ofrecerá ao alumnado a posibilidade de poñerse en contacto directo coas empresas, neste caso, a través dun chat no que poderán comunicarse e solicitar información. Pola súa banda, as empresas poderán publicar ofertas de traballo, organizar visitas para coñecer as súas instalacións e terán a opción de describir as competencias máis significativas que buscan nas súas solicitudes, co obxectivo de chamar a atención do alumnado. Por outra banda, o alumnado poderá elaborar a través da aplicación un Curriculum Vitae personalizado, no que deberá cubrir unha serie de apartados sobre a súa formación académica, as súas competencias e as súas capacidades, co obxectivo de que as entidades participantes poidan coñece as túas capacidades. Ademais, ambas as partes poderán utilizar unha ferramenta de filtrado de buscas, coa finalidade de favorecer as súas necesidades laborais.
A aplicación chamarase Unibridge. Escollemos este nome porque representa unha unión, unha “ponte”, entre o mercado laboral e os estudantes que xa se graduaron ou están a piques de facelo.
En conclusión, a interface achegará aos estudantes ás empresas dun xeito eficiente e cómodo e, como consecuencia, facilitará os procesos de selección e potenciará as nosas oportunidades laborais.