IA e profesionais: Xuntos pola protección infantil 5 de dec. de 2024

Visto 1 vez

IA e profesionais: Xuntos pola protección infantil

Conferencia

Hoxe, o maltrato infantil sitúa ás vítimas nunha posición tan indigna que en xeral lles impide denunciar a situación. Non obstante, as redes sociais poden converterse nunha ferramenta para identificar signos de abuso a partir da análise de contidos audiovisuais implantados nun sistema de IA. Tendo isto en conta, preténdese crear un sistema de IA destinado á detección precoz do maltrato infantil nas redes sociais. Esta intelixencia artificial confiaría en Deep Learning para detectar sinais de risco e patróns asociados ao abuso nas redes sociais populares, co fin de alertar aos profesionais relevantes. Estes profesionais, como médicos, psicólogos, avogados, tradutores. . . colaborarían con informáticos
para axudar a adestrar a IA.
Para coñecer o punto de vista tanto de mozos como de adultos sobre o proxecto, realizouse unha enquisa a estudantes de entre 12 e 22 anos, pais e profesores sobre a utilidade deste sistema de detección de malos tratos, así como a súa opinión sobre o papel desempeñado polos profesionais que colaboran neste proxecto.
A partir dos datos obtidos, cremos que esta tecnoloxía podería xogar un papel crucial na identificación e prevención precoz deste grave problema social, salvagardando así o benestar dos nenos. Tamén concluímos que hai profesionais que poderían asesorar aos programadores no desenvolvemento do proxecto.

María Guyre Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo
Miryam Espina Espantoso
Estudante, Universidade de Vigo
Carlos Martínez Castro
Estudante, Universidade de Vigo
Lucía Rega Domato
Estudante, Universidade de Vigo
Sofía Casal Vázquez
Estudante, Universidade de Vigo
Sofía Silveira Franco
Estudante, Universidade de Vigo
Tomás Pichel Chayán
Estudante, Universidade de Vigo
André Piñeiro Pereira
Estudante, Universidade de Vigo
Julian Anton Voigt
Estudante

Vídeos da mesma serie
Lentes para mellora de mobilidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Alcoholimetro portatil
Conferencia
28 de nov. de 2024
Coidado de mascotas
Conferencia
28 de nov. de 2024
Teldog
Conferencia
28 de nov. de 2024
ALCOKEY
Conferencia
28 de nov. de 2024
Emergobot
Conferencia
28 de nov. de 2024
Sit and Go! : App de experiencias
Conferencia
28 de nov. de 2024
GPS para persoas con discapacidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Móvete
Conferencia
28 de nov. de 2024
Dispensador intelixente de medicamentos
Conferencia
28 de nov. de 2024
Clausura
4 de dec. de 2024