OrientaMe: orientación académica para estudantes 28 de nov. de 2024

Visto 15 veces

OrientaMe: orientación académica para estudantes

Conferencia

A desinformación entre os estudantes sobre as múltiples opcións académicas que teñen á súa disposición leva nalgúns casos a lamentar a súa elección e, en consecuencia, a abandonar os seus estudos.
Por iso propoñemos a creación dunha aplicación de orientación académica. Deste xeito, o noso público destinatario (alumnado de 4o ESO, Bacharelato, etc.) pode aproveitar todas as funcións incluídas nesta aplicación e decidir dun xeito claro e sinxelo sobre o seu futuro académico.
OrientaMe permite realizar un cuestionario para coñecer polo miúdo os intereses, habilidades e preferencias, co obxectivo de mostrar unha oferta educativa personalizada e adecuada ás súas necesidades. A continuación, o algoritmo da aplicación comeza a buscar con toda a información recollida as opcións que mellor se adaptan a cada perfil.
Cada oferta educativa conta con información detallada sobre as materias e as oportunidades profesionais asociadas, o que permite ver como a elección dos distintos estudos pode influír no futuro profesional. Ademais, conta cunha sección na que se recollen opinións e experiencias dos que utilizaron previamente a aplicación.
En resumo, OrientaMe é unha ferramenta de apoio que proporciona ao alumnado información e orientacións personalizadas e actualizadas para facilitar a toma de decisións, minimizando o risco de arrepentimento e abandono e favorecendo o éxito académico.

Martín Prado Veloso
Estudante, Universidade de Vigo
Andrea Veiga Mallo
Estudante, Universidade de Vigo
Saúl Villasanín Vázquez
Estudante, Universidade de Vigo
Pablo Domínguez Seoane
Estudante, Universidade de Vigo
Álvaro Baltar Álvarez
Estudante, Universidade de Vigo
Jacobo Márquez Ramírez
Estudante, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Lentes para mellora de mobilidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Alcoholimetro portatil
Conferencia
28 de nov. de 2024
Coidado de mascotas
Conferencia
28 de nov. de 2024
Teldog
Conferencia
28 de nov. de 2024
ALCOKEY
Conferencia
28 de nov. de 2024
Emergobot
Conferencia
28 de nov. de 2024
Sit and Go! : App de experiencias
Conferencia
28 de nov. de 2024
GPS para persoas con discapacidade
Conferencia
28 de nov. de 2024
Móvete
Conferencia
28 de nov. de 2024
Dispensador intelixente de medicamentos
Conferencia
28 de nov. de 2024
Clausura
4 de dec. de 2024