Curriculo 10. Aprende a venderte 1 de out. de 2020

Visto 59 veces

Curriculo 10. Aprende a venderte

Conferencia

O mercado laboral presente e futuro é complicado e incerto debido ás medidas adoptadas en todo o mundo para combater a pandemia da COVID-19.

Aínda que o panorama non parece moi prometedor, esta situación xerada polo coronavirus é tamén unha oportunidade para darlle un novo rumbo á traxectoria profesional e adquirir competencias que axudarán a destacar agora que a actividade económica e o emprego están a reactivarse.

Neste contexto, débense seguir desenvolvendo accións que permitan manter e, mesmo, mellorar a empregabilidade. E, nesta liña de traballo, a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) da Universidade de Vigo pon en marcha unha serie de webinars que se desenvolverán a través do campus remoto para mellorar a empregabilidade desde casa.

Elena Huerga
Coach de Desenvolvemento Profesional

Vídeos da mesma serie
Apertura do curso: Xoves Empregables
Presentación de Isabel Bonet
10 de set. de 2020
Autocoñecemento. Quen somos e a onde imos?
Xoves Empregables. Comeza a conta atrás para lanzar a túa carreira profesional
17 de set. de 2020
Curriculo 10. Aprende a venderte
Conferencia
1 de out. de 2020
Elabora o teu Proxecto Persoal de Emprego
Conferencia
12 de nov. de 2020