Emprego Galicia 26 de nov. de 2020
Emprego Galicia
Conferencia
O mercado laboral presente e futuro é complicado e incerto debido ás medidas adoptadas en todo o mundo para combater a pandemia da COVID-19.
Aínda que o panorama non parece moi prometedor, esta situación xerada polo coronavirus é tamén unha oportunidade para darlle un novo rumbo á traxectoria profesional e adquirir competencias que axudarán a destacar agora que a actividade económica e o emprego están a reactivarse.
Neste contexto, débense seguir desenvolvendo accións que permitan manter e, mesmo, mellorar a empregabilidade. E, nesta liña de traballo, a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) da Universidade de Vigo pon en marcha unha serie de webinars que se desenvolverán a través do campus remoto para mellorar a empregabilidade desde casa.