ISA: punto de encontro para o sector de automatización industrial 16 Nov, 2010

Visto 3591 veces

ISA: punto de encontro para o sector de automatización industrial

O programa de relatorios do Congreso Internacional JAI'2010, oriéntase á difusión formativa e informativa das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial. O obxectivo é que os asistentes ás mesmas, que desexan manter ao día e renovar os seus coñecementos nas disciplinas de enxeñaría, coñezan de primeira man as tecnoloxías, solucións e tendencias máis modernas no ámbito da automatización e enxeñaría de procesos industriais.

Presenta: José Ignacio Armesto Quiroga
Organizador das xornadas JAI 2010
Antonio Rodríguez
Presidente, ISA, Sección Española