Universo Sostible. Que significa unha arquitectura sostible? 15 de set. de 2021
Universo Sostible. Que significa unha arquitectura sostible?
A sustentabilidade é un dos grandes obxectivos da nosa sociedade. Coidar o planeta significa coidarnos a nós mesmos e non esquecer aos que veñen detrás.
A arquitectura sostible ten en conta o consumo enerxético á hora de deseñar. Ademais, tenta achegar solucións que contribúan a minimizar o impacto das construcións. Os expertos das nosas universidades traballan en novos materiais cos que construír vivendas máis eficientes.
Achegarse ás demandas dos cidadáns é outro dos fins da arquitectura sostible. As nosas necesidades e o noso consumo van cambiando e é importante contar con distintas opcións desde a planificación.
A arquitectura está entre as ferramentas clave para conseguir un desenvolvemento realmente sostible. Moitos profesionais xa teñen claro cal é o camiño para seguir.