Universo Sostible. É a diabetes unha enfermidade en auxe? 25 de maio de 2022
Universo Sostible. É a diabetes unha enfermidade en auxe?
O termo diabetes abarca un conxunto de enfermidades caracterizadas por altos niveis de glicosa en sangue pero con orixes e causas diferentes. Os tipos máis habituais son a diabetes tipo 1 ou autoinmune, a tipo 2 e a diabetes gestacional.
Actualmente existen moitos interrogantes por resolver no estudo dos diferentes tipos de diabetes. Búscase responder a varias preguntas, como que provoca a diabetes ou como se desencadea. Pero o gran reto dentro da investigación científica segue sendo atopar a forma de curala.
Na abordaxe da diabetes, ademais da administración de insulina e o tratamento con fármacos nalgúns casos, tamén é necesario levar bos hábitos cotiáns, como unha alimentación equilibrada e a práctica de exercicio físico. A prevención é fundamental, especialmente para a diabetes tipo 2, que é a máis frecuente e afecta a un 14% da poboación española adulta.