Que sabemos do coronavirus? 4 de nov. de 2020
Que sabemos do coronavirus?
Coronavirus xa tiveramos con anterioridade, pero as súas consecuencias nunca foran tan graves. Os coronavirus son unha familia de virus moi antiga e moi extensa que adoita habitar en morcegos e algúns tipos de aves. Con todo, só algúns destes virus afectan os humanos con maior ou menor gravidade.
Desde o 2003 coñecemos os estragos dunha síndrome respiratoria agudo e grave, o SARS Cov1. O novo coronavirus que arrasou por todo o planeta tomou o mesmo nome con numeración correlativa, ARS Cov2. A enfermidade que provoca o virus nos humanos é a Covid19, a d vén de disease, enfermidade en inglés.
Pasará aínda algún tempo ata que saibamos con certeza como este coronavirus chegou tan lonxe. Como pasou dos morcegos aos humanos, por onde viaxou e que mutacións sufriu. O que sabemos é que afectou e afectará a millóns de persoas no mundo. Por iso son tan importantes a saúde pública e as recomendacións dos expertos, sempre, non só en tempos de pandemia.
En momentos de crises tan profundas é difícil tomar as decisións correctas e é fácil criticar a quen as ten que tomar. O exceso de información, o medo e, en ocasións, a falta de rigor, xeran confusión e crispación. As estratexias científicas son as que son e temos as nosas esperanzas postas nelas.