Qué se está a investigar sobre o mundo animal? 10 de feb. de 2021
Qué se está a investigar sobre o mundo animal?
Os avances tecnolóxicos dos últimos anos permitiron aos científicos poder observar mellor os comportamentos dos animais nos seus propios hábitats. Así é como fixeron descubrimentos que eran impensables hai só algunhas décadas.
As tecnoloxías de observación non son as únicas que evolucionaron, tamén o fixeron, e moito, as relacionadas cos métodos de diagnóstico e tratamento de enfermidades.
Aínda que son moitas as especies ameazas no noso planeta, quizá sexan os fondos mariños e os seus habitantes os que requiran unha atención máis inmediata. A suma da acción humana e do cambio climático está a provocar efectos devastadores nos mares, como ben saben os investigadores das nosas universidades.
De volta á terra atopamos proxectos moi interesantes que teñen implicacións sociolóxicas, ecolóxicas e antropolóxicas.
Unha vez máis se fai evidente a relevancia do papel dos científicos na sociedade e a repercusión que as súas investigacións acaban tendo no noso día a día aínda que non nos deamos conta.