Universo Sostible. Pódense evitar os desastres naturais? 29 de set. de 2021
Universo Sostible. Pódense evitar os desastres naturais?
Ultimamente vivimos fenómenos extremos relacionados con ondas de frío e de calor extremas, inundacións e mesmo grandes incendios. O papel do cambio climático en todos eles é clave, como tamén o é a investigación universitaria que leva a cabo para poder mitigar os efectos de todos estes fenómenos que poden agravarse co paso dos anos.
Nas predicións que se fan nos proxectos de investigación preténdense xerar situacións simuladas para contribuír na xestión de posibles catástrofes naturais. Aínda que non se poden evitar os danos, si poden minimizarse grazas a unha boa previsión.
O estudo de como funcionan os fenómenos naturais xunto cunhas boas políticas en xestión, educación e concienciación dos efectos do cambio climático, serán a clave para conseguir unha mellor convivencia entre os humanos e a natureza.