Estudo do factor de esterilización na redución de lista de espera de intervencións cirúrxicas 3 de dec. de 2021

Visto 27 veces

Estudo do factor de esterilización na redución de lista de espera de intervencións cirúrxicas

Conferencia

As ineficiencias da actual planta de esterilización, situada no Hospital Meixoeiro, son uns dos principais factores que afectan as listas de espera. É por iso, que o obxectivo deste proxecto é crear un novo edificio anexo ao Hospital Álvaro Cunqueiro que acolla a nova planta de esterilización.
Paralelamente ao traslado da central, no presente proxecto propóñense unha serie de melloras que repercutirán tanto nas condicións laborais dos traballadores, como na calidade do servizo, e en consecuencia, na atención dos pacientes. Neste sentido, abordarase o cambio de localización da planta, as súas dimensións e capacidade, ası́ como os niveis de ruído
presentes nela.
O principal problema da súa localización actual é a distancia entre a central e o seu principal cliente, o Hospital Álvaro Cunqueiro, que imposibilita a dispoñibilidade continua do material necesario para as cirugı́as. Ademais, o pésimo estado das estradas polas que se realiza o transporte do material contribúe á deterioraci.... Isto permite un fluxo continuo de traballo na planta, reducindo os tempos de espera das cirugı́as e as peticións urxentes de material. Por último, propoñerase un plan de medidas para a redución do ruído, un dos principais causantes de absentismo laboral, debido a patoloxı́as
*auditivas e non auditivas derivadas de #o #estrés. Estas inclúen desde a compra de proteccións auditivas en forma de auriculares tipo . ourejera”para os traballadores máis expostos, a construción dunha cristaleira que encerre o ruído das lavadoras, a colocación de paneis absorbentes de ruído en paredes e teito, e a fabricación dunha cámara illante para secado con aire
comprimido.
Aínda que se trata dun gran investimento económico inicial, esta verase amortizada debido a que a implementación de todas estas medidas terá como resultado a axilización do proceso de esterilización de material cirúrxico, que se traduce nunha mellora da atención sanitaria e nunha redución das listas de espera en ciruxı́as.

Ortega Seoane, Alexia
Grao de Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Pousa Besada, María Del Carmen
Grao de Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo
Regalado Ruiz De Chávez, Sofía
Grao en Enxeñería Biomédica, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021