Xestión e control do aforo nos espazos da Escola de Enxeñaría Industrial 3 de dec. de 2021

Visto 24 veces

Xestión e control do aforo nos espazos da Escola de Enxeñaría Industrial

Conferencia

Trala época excepcional que vivimos, a sociedade decatouse da importancia que poden xogar os aforos nas actividades da vida diaria. Restricións, limitacións, e control de aforos son termos aos que nos tivemos acostumar rapidamente.
O novo contexto forzou o enxeño da xente para aplicar a tecnoloxı́a en campos aos que non estabamos acostumados, pero ademais abriu a porta a solucionar problemas que xa existı́an, con e sen restricións.
Tras preguntar e consultar mediante enquisas ao estudantado, detectáronse problemas en diversas instalacións que utiliza a comunidade universitaria da Escola de Enxeñarı́a Industrial. Atopáronse oportunidades de mellora no control e xestión do aforo das salas de estudos e aparcadoiros.
Regularase o aforo no aparcadoiro mediante a instalación dunha barreira cunha cámara lectora de matrı́culas, que contabilizará as entradas e saı́das do mesmo e as prazas dispoñibles en tempo real. Esta información mostrarase nunha pantalla na entrada e, cunha simple ollada, sen ter que entrar ao aparcadoiro poderase saber se quedan prazas libres ou se pola contra se debe buscar un lugar para estacionar nas proximidades da escola. Para a xestión de aforo nas salas de estudio, colocarase un código QR nas entradas para que os usuarios se rexistren cando entren e outro para cando saian. Esta información estará en todo momento dispoñible dende unha aplicación ou dende unha propia web. En canto o sistema detecte que o aforo da sala está completo, mandará un aviso asignando unha aula 17de teorı́a da EEI que este vacı́a para empregala como reforzo temporal; evitando que alumnos se queden sen un oco para poder estudar.
Coa información recompilada polo sistema, a dirección da escola poderá coñecer con datos fiábeis a demanda de espazos do estudantado e se as instalacións precisan unha reorganizacións; ademais poderase propoñer aos usuarios alternativas, para que en caso de aforos completos, poidan tomar mellores decisións que impliquen un maior aproveitamento do seu tempo.

Campos Carril, Damián
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Montezuma Rios, Juan David
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Rodríguez González, Asiel
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
González Jorge, Gabriel
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Lago Blanco, Ismael
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Losada Otero, Jorge
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Losada Otero, Ángel
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
García Rodríguez, Gonzalo
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Rivas Martínez, José María
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Rodríguez Parada, Hervé
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021