Desenvolvemento de aplicación para a consulta de aforos en tempo real 3 de dec. de 2021

Visto 23 veces

Desenvolvemento de aplicación para a consulta de aforos en tempo real

Conferencia

As actuais limitacións no aforo dos locais de lecer nocturno, impostas a raı́z do Covid-19, incrementaron os tempos de espera para entrar a estes establecementos, facendo aínda máis frecuente a formación de grandes aglomeracións nas entradas. Trátase dun problema xa que se xeran posibles focos de contaxio e elevados ruídos nas rúas
próximas aos locais, que pode provocar queixas por parte dos veciños.
Tras a realización dun estudo de mercado por medio de enquisas, observamos que a problemática citada anteriormente é unha realidade. Neste proxecto exponse o desenvolvemento dunha aplicación que permita ao usuario coñecer a ocupación en tempo real de locais de lecer nocturno para facer fronte a esta situación.
A aplicación consiste nunha interface gráfica, onde visualizar nun mapa a dispoñibilidade, en tempo real, dos locais do teu ao redor. Grazas a unha escala de cores, mostramos ao usuario final a ocupación dos establecementos. Por exemplo: vermello se é superior a un 95 %, amarelo se é superior ao 70 % e verde se é inferior ao 70 %. A aplicación contén filtros de procura por prezo de entrada, tipo de música ou o principal: dispoñibilidade en directo.

Ferreiro Barbeira, Adrián
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Martínez Iglesias, Cristian
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Quintela Carregal, Sara
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
López Abad, Víctor
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Rodríguez Varela, Marcos
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Villaverde Justo, Santiago
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021