Organización eficiente de tubos e cables durante os procedementos cirúrxicos 3 de dec. de 2021
Organización eficiente de tubos e cables durante os procedementos cirúrxicos
Conferencia
Na actualidade os profesionais sanitarios reportan a presenza de demasiado cableado e tubuladuras no quirófano. Unha das maiores barreiras é o equipo de anestesia xa que del saen gran cantidade de cables e tubos, é moi aparatoso e limita a mobilidade ao redor da mesa cirúrxica.
Neste proxecto para abordar estes problemas desenvolvemos dúas solucións que liberan o espazo de traballo. En relación ao equipo de anestesia, colócase un oxigenador móbil encima do paciente suxeito mediante raı́lles que permiten situalo na posición máis adecuada. Grazas a estes raı́lles o oxigenador poderase colocar na parte superior ou inferior do paciente en función da operación para realizar. Desta maneira a tubuladura se desvı́á a parte superior sen interferir na zona de paso. Doutra banda, aproveitouse o desenvolvemento da tecnologı́a inalámbrica (bluetooth) para eliminar o cableado da monitoraxe deste equipo. Eliminando ası́ toda a parte de cableado eléctrico de monitoraxe. A maiores instálase un novo pé de padiola que consta con tomas de gases e corrente, creando un punto de conexión máis próximo á zona de intervención e evitando ası́ que percorran toda a sala. Grazas a estas solucións o persoal sanitario poderá traballar con maior seguridade e comodidade dispoñendo dun espazo máis libre de obstáculos.