Proposta de mellora para a mobilidade nocturna en Vigo 3 de dec. de 2021

Visto 23 veces

Proposta de mellora para a mobilidade nocturna en Vigo

Na actualidade, no noso paı́s, e en todo o mundo, búscase a comodidade en todos os ámbitos da vida, é por iso que nace a nosa app. Co obxectivo de que tendo na túa man un Smartphone ou un computador con conexión a internet, poidas consultar en calquera momento e en directo o aforo dalgún local que teñas intención de visitar. Grazas á nova tecnoloxı́a NFC, que é persoal e intransferible, rexistrar a túa entrada ou saída dun local é máis fácil e rápido que nunca.
Tan só necesitas un smartphone que teña NFC, descargarche nosa app, rexistrarche cubrindo unha serie de datos persoais, e despois con achegar o teu Smartphone ao lector de NFC dispoñibles nos locais, o teu acceso e saída xa quedarı́a rexistrado e esa información compartirseı́a iso sı́, de maneira anónima, ao resto de usuarios da nosa app. e que pasa se eu non teño un Smartphone con NFC? A resposta é sinxela, non pasa NADA.
Como queremos que todo o mundo estea informado dos aforos dos seus locais favoritos e que ...rar a un autobús ou a algún lugar cun abono, achegar a túa tarxeta ou Smartphone ao lector e que despois só te teñas que preocupar de gozar, e iso sı́, acordarse de facer o mesmo ao saír.
O obxectivo é que a medio ou curto prazo a maiorı́a de os locais da cidade dispoñan de lectores NFC e participen neste proxecto, é por iso que cabe destacar que tanto o prezo dos chips NFC para as tarxetas como o dun xogo de lectores NFC, é moi asumible, tanto para o Concello, como para calquera local (estimando un custo medio de instalación
en menos de 50 e). Así mesmo facilitará o impulso de campañas de fidelización e descontos que beneficiarán a consumidores, establecementos e dinamizarán a economı́a de a contorna.
O resultado de todo isto pódese resumir en que as persoas teremos unha maior información en directo do aforo dos locais que temos intención de visitar, co obxectivo de que nos axude a tomar unha mellor decisión e que isto se traduza nunha mellor experiencia cando saímos de casa

Blanco Casabella, Aarón
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Davila Migueles, Manuel
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Martínez Corral, Sergio
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Bazán Casanova, Alesandra Isabel
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Noya Noya, Jorge
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Pena Cruz, Hugo Antón
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021