Solución para a mobilidade no rural 3 de dec. de 2021

Visto 19 veces

Solución para a mobilidade no rural

Conferencia

O interese pola mobilidade rural vén motivado principalmente por varios integrantes do grupo viven en zonas rurais e experimentan certos problemas que consideran importantes á hora de desprazarse por estes núcleos.
Os primeiros problemas que se nos viñeron á cabeza foron a escasa comunicación entre núcleos, poucos servizos de transporte público... Pero antes de buscar calquera tipo de solución dispuxémonos a contrastar as nosas primeiras suposicións abrindo o espectro usando a ferramenta de formularios de Google e algunha que outra entrevista. Dita enquisa proporciónonos moita información para o estudo xa que alcanzo un total de 258 respostas.
Tras recibir esta información puidemos observar que algunhas das nosas suposicións estaban no certo, pero, ademais, observamos que o problema de mobilidade en zonas rurais era un problema real e recoñecido por unha gran porcentaxe de persoas. Grazas a este estudo vimos que un dos problemas que de primeiras non habı́amos suposto tan presente é o..., subvencionar aos taxis por parte do concello de cada zona para reducir os custos destes, redistribuír as redes de estradas dunha forma máis eficiente. Aínda que finalmente as tres ideas que eliximos foron: a redistribución das paradas e estradas ao redor das necesidades reais, fomentar o compartir vehı́culo mediante un taboleiro e unha aplicación, e mellorar as infraestruturas. Nestas tres ideas profundaremos un pouco para logo acabar elixindo unha.
Para a fase implementación, optamos pola idea de crear unha aplicación gratuíta e un taboleiro virtual. Na aplicación, os usuarios poderán publicar os seus horarios de viaxe e os destinos destes. Desta forma, outros usuarios que vexan a aplicación poderán sumarse a estas viaxes, solicitar o transporte de medicinas, produtos de primeira necesidade, compras.... O que intentamos é que a nosa aplicación sexa un punto de encontro entre veciños próximos, de maneira que se poidan poñer en contacto, para coordinar e optimizar as súas viaxes.

Camino Carollo, Nicolás
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Castro Rubio, Rafael
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Chen, Jia Hui
Grao de Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
García Bautista, Diego
Grao en Enxeñería Eléctrica, Universidade de Vigo
Barbosa Costas, Jorge
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Conde Santos, Manuel
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Domingo Franco, Carlos
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Ruibal Castromán, Rubén
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Ameijeiras Maffeo, Noé
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Bertussi Lorenzo, Alessandro
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Pardeiro Álvarez, Marcos
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021