Arte ou vandalismo: Comunicación entre artistas e demais habitantes deste mundo 3 de dec. de 2021

Visto 21 veces

Arte ou vandalismo: Comunicación entre artistas e demais habitantes deste mundo

Conferencia

Grafiti City xorde da necesidade de dar lugar e posición dentro da lei a un número de artistas do noso paı́s que habitualmente se atopan perseguidos e tachados e caracterizados como vagos e maleantes.
Tras realizar un estudo de investigación, chegamos á conclusión de que existe un gran número de persoas que á parte de valorar o traballo deses artistas rueiros, gustarlleı́a contar en numerosas ocasións cos seus servizos. Na outra cara da moeda, son estes artistas quen se queixa da falta de espazos e posibilidades de expresar a súa arte de forma
legal e remunerada.
O noso obxectivo é poñer contacto a esas persoas, que desexen decorar as súas paredes ou locais, cos artistas. Tamén incluímos a organismos públicos a que participen de forma activa coa idea, de maneira que, podamos chegar a unha maior transformación das cidades
Baseándonos en éxito de cidades como Lisboa ou Berlı́n, onde xurdiron correntes artı́*sticas nos seus barrios menos coñecidos, e algún que outro marxinal, logran...d e Apple. De deseño intuitivo e de fácil uso, contará con dous menús esquematizados en función de se es artista ou usuario.
O usuario publicará algunhas fotos da parede ou lugar que desexa cubrir coa peza visual, ası́ como certa información como medidas, localización ou estilo que desexe.
Pola outra banda, será o artista o que poida ver que proxectos están dispoñibles na aplicación, e de estar interesado nalgún, poñerse en contacto co usuario que o publicou.
Todas as obras que se vaian materializando quedarán rexistradas na aplicación con información relevante como: ano de creación, artista que a realizou, localización, temática ou pequena sı́ntesis acerca da peza. Logrando, deste xeito, a creación de roteiros de Street Art dispoñibles para terceiros usuarios interesados nesta crecente cultura urbana.
Por último, e co fin de dar máis sonoridade, contará coa entrega de premios ás mellores obras, sendo os propios usuarios da aplicación os xuíces que decidan quen é os gañadores.

Arizaca Conza, Jorge Enrique
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Márquez Salgado, Laura
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Rivas Villanueva, Alba
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Rodríguez Paradela, Martín
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo
Rúa Sobrino, Miguel
Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidade de Vigo
Saborido Sanjurjo, Ángel Lucas
Grao de Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Solución para a mobilidade no rural
Conferencia
3 de dec. de 2021
Control de aforos en lugares públicos
Conferencia
3 de dec. de 2021
Xestión do aforo en locais nocturnos
Conferencia
3 de dec. de 2021