Entrega de diplomas aos compoñentes da quenda 3 3 de dec. de 2021
Entrega de diplomas aos compoñentes da quenda 3
Nesta décimo sétima edición participaron 125 alumnos e alumnas dos diferentes graos da Escola de Enxeñaría Industrial: 17 de Enxeñaría Biomédica, 19 de Enxeñaría Eléctrica, 50 de Enxeñaría de Organización e 39 de Enxeñaría en Tecnoloxías. Con todo, nesta ocasión o congreso dá a benvida a unha nova titulación, Enxeñaría Biomédica, “cun grupo de alumnos da primeira promoción que se incorporan a esta experiencia”. Os tres coordinadores do CTC, os profesores Jose Antonio Alonso Rodríguez, Lucía Díaz Vilariño e José Luis González Cespón, destacan que o estudantado participante demostrou “unha vez máis, a súa capacidade de inventiva e innovación coas solucións que propoñen, sendo algunhas delas de particular interese social” e agradecen “a súa implicación e capacidade de traballo, de modo especial debido ás circunstancias que vivimos, coas limitacións impostas pola pandemia”.
Fonte: DUVI